13. MAGOSTO (Novembro 2007)


Como elementos básicos e imprescindibles para a festa do Magosto citarémo-la castaña, nai e filla do castiñeiro.

O segundo elemento é a leña, outro froito da terra, necesaria para facer un
bo lume, con todo o que simboliza, como representación do deus sol dador de vida e elemento purificador.

Outro elemento importante é o
viño, que non deixa de se-lo sangue da terra.

E se se pode levar tamén pan de centeo e millo, empanadas, chourizos, patacas (para asalas no lume), e augardente para unha queimada, o día de troula está asegurado.

Na nosa escola, facémolo con castañas, un bo lume e moitas ganas de troula.



video

No hay comentarios: