27. ESCOLA NA NEVE (Febreiro 2010)

Este curso, por primeira vez, fixemos unha excursión a Cabeza de Manzaneda, guiados polo Colectivo Galego de Montaña, asociación que realiza actividades de Medio ambiente e Tempo libre, tanto para nenos como para adultos. Se queredes máis información sobre esta asociación visitade a súa web www.cegeeme.com

As 8 da mañá, en tres autobuses cheos de rapaces de tódolos cursos, partimos para Manzaneda, alí disfrutamos de xogos na neve ata a hora de xantar, cousa que fixemos nas instalacións da estación de montaña. Pola tardiña estivemos no castelo de Castrocaldelas, xogando á "Búsqueda do Tesouro", un xeito moi divertido de coñecer os recunchos do castelo. O día rematou as 20:30 cando voltamos á escola cansos, moi cansos, pero ledos, moi ledos, ¡menudo día de diversión!. Esperemos que o curso que ven poidamos repetir ¿non?. Aquí tendes un vídeo cos mellores momentos do día,disfrutádeo.


video

3 comentarios:

Anónimo dijo...

me ha gustado mucho el viaje a MANZANEDA.

Anónimo dijo...

yo quiero repetir el año que viene.. y aún mejor si la excursión dura un par de días

Anónimo dijo...

pues a mi tambien me gusto ir a la nieve pero creo que este año ya no mola por que es lo mismo q el año pasado..