As regueifas voltaron ao Bouza Brey das mans dos mellores regueifeiros: Luis Caruncho e Pinto d'Herbón. Promovidos pola Concellería de Normalización Lingüística, a través do Servizo de Normalización e Dinamización lingüística do Concello de Vigo.
Durante dúas sesións traballaron cos alumnos da escola nun obradoiro que ten a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral, pero que responde á necesidade de coñecer a rima, o ritmo, a métrica... a poesía. Unha vez aprenderon a técnica elixiron aos alumnos que mellor se desenvolvían como novatos regueifeiros, e o día 1 de marzo fomos á final do certame que se celebrou un ano máis no CVC de Valadares, xunto con escolares de 9 centros máis da cidade.
2º ESO:
Lucía Fernández, Adriano Carballo e Sara Cabaleiro.
Lucía Fernández, Adriano Carballo e Sara Cabaleiro.
3º ESO:
Sara Novelle, Sergio Sahuquillo e Iago González
Sara Novelle, Sergio Sahuquillo e Iago González
4º ESO:
Aroa Rey, Mario Corbal, Adrián Vilas e David González
Aroa Rey, Mario Corbal, Adrián Vilas e David González
A FINALISTA Sara Novelle Castro |
Se queredes ver a reseña na prensa, clicade neste enlace: "La Voz de Galicia" e se o que queredes e ver algúns momentos da final aquí deixámosvos algunhas fotos:
O CVC de Valadares encheuse de estudantes |
Adriano Carballo Gaspar |
Iago González Mouriño e Adrián Vilas Montero |
Lucía Fernández Ventoso |
Mario Corbal Liste |
Aroa Rey Pérez |
Sergio Sahuquillo Embade e Sara Cabaleiro Martínez |
Grupo de participantes e animadores |
Las fotos están muy bien pero falta la de grupo, a ver si la ponéis porfa
ResponderEliminarAhí tienes la de grupo Sergio.Te refieres a esa?
ResponderEliminar