81. PROXECTO TERRA (Abril 2013)


EXCURSIÓN AS CORCERIZAS-ALLARIZ  (23, 24 Abril )

Durante estes días os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO da escola, participaron nunha actividade organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (PROXECTOTERRA).

Estiveron aloxados no Albergue Salesiano de Allariz.

Entre as actividades programadas realizáronse as seguintes:

- Visita ao Centro de Educación ambiental de "As Corcerizas", aloxado nun antigo cazadero de corzos situado en plena Serra de San Mamede (Macizo Galaico), onde lles falaron sobre o consumo sostible de materiais construtivos e sobre todo, da bioconstrución e arquitectura bioclimática.
- Roteiro de sendeirismo por paraxes de alta montaña (1500 m), ilustrado con todo tipo de detalles ecolóxicos, orográficos, socioeconómicos... e facendo moito fincapé na penosa acción antrópica neses entornos ata fai pouco bastante salvaxes.
- Visita ao pobo de Rebordechao, cuna do río Arnoia, que presenta unha coidada rehabilitación da vivenda tradicional de montaña galega.
-Participación nun xogo no que descubriron a figura e as falcatruadas do famoso asasino en serie do século XIX, Manuel  Blanco Romasanta, coñecido nas montañas próximas como "o lobishome de Allariz" ou "sacaúntos".
- Visita a Allariz: casco histórico, a ponte, o muíño, o museo do xoguete (antigo tribunal de xustiza), e un obradoiro de coiro.

Queremos agradecer a hospitalidade dos salesianos Jose Luís e Esteban, que foron tan amigabéis con nós que incluso un deles xogou cos rapaces ao baloncesto nas horas de lecer, e por certo, os profes non olvidarán a fantástica e improvisada "pijama party" coa que os alumnos fixéronlles vivir unha noite como na canción de Sabina; "y nos dieron las 2, las 3, las 4, las 5...", pero estes rapaces incombustibles non necesitaron nin un momento de descanso para disfrutar da excursión.

¡Oxalá se volva repetir outro ano!







No hay comentarios: