Os Merdeiros no casco vello de Vigo |
Personaxe característico do Entroido en Vigo ata os anos
vinte, década na que foi prohibido, por seren "malsonantes" e
escatolóxicos. Esta figura está ligada ó "Berbés" e plasma a
rivalidade entre as xentes do mar e o campo. Os mariñeiros burlábanse dos
agricultores, cando baixaban ó porto a buscar vísceras de peixe e algas
para estercar as leiras. No "entroido", os mariñeiros disfrazados de
"merdeiros" parodiando ós labregos, ían polo casco vello tirando
tripas de peixe e incordiando á xente.
Dende aqueles tempos volveron saír ás rúas do casco vello de Vigo no 2006
grazas ó empeño e investigación de Xerardo Santomé. Os
patrocinadores do evento son a "Asociación Etnográfica A Merdeira".
Este personaxe veu ata a nosa escola a falarnos do seu rexurdimento e amosounos as roupas e máscaras que se poñen no entroido, os nosos alumnos vestíronse con elas e fixeron de merdeiros por unhas horas. Aquí podedes ver algunha imaxe do acontecido no obradoiro, e tamén deixámosvos un enlace para que vexades un vídeo sobre os merdeiros e a súa tradición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario