144. UN DÍA NO MUSEO DO MAR DE VIGO (Maio 2015)

Arqueólogo ou oceanógrafo? Que che gustaría ser a ti? Durante a visita ao Museo do Mar de Vigo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º, tivemos ocasión de poñernos na pel das xentes que teñen estas profesións e levar a cabo traballos propios da súa especialidade: escavar restos arqueolóxicos, descubrir a función de obxectos antigos, clasificar e comparar especies animais,... A través destas actividades decatámonos da importancia das achegas destas persoas ao avance do coñecemento e da ciencia. Ademais de aprender que un museo é algo máis que un edificio no que hai obxectos expostos, é tamén un lugar no que vivir experiencias prácticas.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe a continuación tu comentario.