146. DÍA DA FAMILIA (Maio 2015)

Gran acontecemento na escola, celebramos o DÍA DA FAMILIA, pola mañá recibimos a visita dos familiares que quixeron falarnos da súa profesión. Este ano tivemos o placer de escoitar a unha enfermeira (nai de Antía Pinal 4º Prim), a unha apicultora (nai de Natalia 5º Prim.), a unha maquilladora (nai de Adonais 4º Prim),  e a un cámara de T.V. (irmán de Jorge e Lucía de 3º e 4º Prim.); aprendimos cousas moi interesantes, o comportamento ante un intre de emerxencia; os segredos dunha boa maquilladora; anécdotas cunha cámara nas mans; como se produce e recolle a mel; incluso probámonos un traxe de apicultor... E como remate final regaláronnos un bote de mel. ¡Así da gusto!

E pola tarde disfrutamos do noso FESTIVAL, contemplando as diferentes actuacións dos nosos alumnos máis pequenos e cun fin de festa espectacular: toro mecánico, hinchables, festa da espuma...

Deixámosvos unhas fotos dalgunhas visitas e un vídeo do festival. Disfrutádeos.

ESTE ENLACE LÉVATE AO VÍDEO DO FESTIVAL













No hay comentarios: