166. DOUS DÍAS COA POLICÍA (Xaneiro 2016)


O pasado día 13 de xaneiro, os alumnos de 5º de Primaria, tivemos con nós a Policía que nos explicou os riscos que corremos os rapaces en Internet cando participamos nas redes sociais sen supervisión dos adultos e cando facemos uso dun móvil propio con aplicacións que non son adecuadas á nosa idade. 
Explicáronos situacións que poñen “os pelos de punta”. Quedounos moi claro que cando nos metemos en Internet ou cando mercamos xogos debemos seguir as normas que rexen as idades para os que están permitidos porque corremos verdadeiros perigos!!!


Tamén, o xoves 22, recibimos a visita da Policía Local para explicarnos como debemos comportarnos como peóns. 
Explicáronos as catro normas fundamentais para seren un bo peón e atravesar ben as rúas. Despois, dous policías e dous profes, acompañáronos ata o paso de peóns da rúa Cantabria e alí explicáronnos como debemos atravesar ben e como calcular a que distancia están os coches de nós para facelo sen perigo.

No hay comentarios: