178. XOGANDO COA QUÍMICA (Abril 2016)

Serías quen de inchar un globo sen soprar? En sexto lográmolo con bicarbonato e vinagre. É moi doado, só tes que botar nunha botella baleira un pouco de vinagre e unha culleradiña de bicarbonato dentro do globo; suxeita a boca do globo á da botella para que se xunten os dous elementos e verás como o globo comeza a inchar. Sabes por que sucede isto? Pois porque o vinagre e o bicarbonato ao xuntarse, forman unha reacción química que produce un gas chamado dióxido de carbono que é o que incha o globo.

No hay comentarios: