239. XIII SEMANA DAS CIENCIAS (Novembro 2017)

Na semana do 13 ao 17 de novembro celebramos na escola a SEMANA DAS CIENCIAS, adicada este ano ao  TURISMO SOSTIBLE.
Os alumnos de 4º ESO fixeron un cartel con 10 recomendacións para realizar turismo de forma sostible que colgaron na entrada, acompañado dunha serie de debuxos coloreados polos alumnos de Ed. Infantil.
Durante toda a semana todos os nosos alumnos pasaron polo laboratorio, a aula de ordenadores, a aula de xogos de lóxica, resolveron enigmas matemáticos, asistiron a charlas sobre Apps...
¡¡Vivimos unha semana chea de ciencia!! Pronto teredes a vosa disposición unha nova entrada no blogue da semana das ciencias, alí contarannos todo.


No hay comentarios: