267. EXPOSICIÓN FILATÉLICA GALAICO-PORTUGUESA (Setembro 2018)

O venres 28 de setembro os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron á inauguración da Exposición Filatélica Galaico-Portuguesa na Casa das Artes en Vigo. Alí ademais de escoitar as explicacións dos amantes dos selos, observaron as distinas coleccións: "Tradicional", "Literatura Filatélica", "Filatelia Temática", "Historia Postal", "Filatelia Moderna"... 
A esta inauguración asistiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero que non dubidou en facer unhas fotos cos nosos alumnos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe a continuación tu comentario.