295. EN INFANTIL NON PARAN... (Maio 2019)

Neste 3º trimestre os nenos/as de infantil non paran nas súas aulas. Primeiro fixeron un percorrido en autobús para coñecer as esculturas que adornan a nosa cidade. Ao rematar a viaxe decidiron quedar un pouco no parque de Castrelos, para gozar do día xogando cos seus compañeiros/as.
E agora nunha nova saída foron coñecer o Club Hípico Alazán. Alí atoparon uns agarimosos cabalos (ponis) que lles permitiron facer un pequeno recorrido subidos/as neles. Cando remataron esta actividade estiveron cepillando a súa pelaxe para deixalos tranquilos e relaxados.
¿Que será o próximo que farán estes peques? ¡Estade atentos!
CASTRELOS
ALAZÁN


No hay comentarios: