302. CREA VALORES CON ARTES (Xuño 2019)

Os alumnos de 5º de Primaria, en representación dos seus compañeiros de 3º, 4º e 5º, acudiron o día 19 de xuño á ludoteca "Crea valores con artes", na cal traballan os valores para que os nenos e nenas coñezan o seu significado e os adquiran a través da realización de xogos e actividades variadas, mentras se divirten xogando coa creatividade.

Na visita, os nosos escolares presentaron uns traballos feitos no colexio, elaborados con material de refugallo. Entre eles había tres murais elaborados polos rapaces e rapazas de 5º, feitos con tapóns, cascas de ovos, restos de pel de laranxa e limón, bolsas de lixo, caixas de ovos...

Na ludoteca recibiron unha charla sobre a importancia da reciclaxe e como facer obxectos de distinto uso con materiais desbotados. Foi moi interesante!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe a continuación tu comentario.