304. EXCURSIÓNS FIN DE CURSO (Xuño 2019)

Para rematar ben o curso toda a escola gozou dun día distinto, a excursión de final de curso tan desexada por todos.
  •  Os alumnos/as de Ed. Infantil subiron ao monte Vixiador onde compartiron unha xornada de xogos e comida cos seus pais/nais e as súas profesoras Mari, Mili e Sefi.    
  • Os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria fixeron un pecorrido no tren turístico que une as cidades de Tui e Valença.
  • O resto dos alumnos/as de Primaria visitaron o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las en Ourense, e repuxeron forzas en Leiro á beira do río Avia.
  • Os alumnos/as de ESO viaxaron ata á Illa de Ons, na que desfrutaron dun roteiro pola illa, relaxándose a continuación na praia.                 

No hay comentarios: