O día 18-10-2019 os alumnos de 5º e 6º de Primaria tivemos unha charla da policía sobre "Os perigos en internet".
Aínda que todos cremos saber todo de internet a realidade é que ao xogar a xogos que non son das nosas idades, ao ter contas en redes sociais, ao dar os nosos datos ou facer fotografías e publicalas, non somos conscientes de que esas fotos poden pasar dunhas persoas a outras, e que os xogos que non se corresponden coa nosa idade danan o noso cerebro e a nosa saúde. Ademais, sempre pode haber ciberdelicuentes que nos estean espiando e podemos correr moito perigo...
Debemos ser responsables e, para evitar danarnos, os móbiles e as tablets e os xogos deben estar controlados polos nosos pais. Ademais, ás horas de durmir, todos estes aparellos electrónicos deben estar fóra das nosas habitacións para poder durmir tranquilos e o número de horas que todos os rapaces precisamos para crecer con saúde. O papel dos nosos pais é moi importante.
En conclusión: aprendimos moito con esta charla da policía e agora sabemos que debemos cambiar o noso comportamento en internet.

No hay comentarios:
Publicar un comentario