1. O MAGOSTO (Novembro 2005)


O magosto é a festa de exaltación da castaña que leva asociados elementos presentes en ritos e tradicións da nosa zona.
Esta festa hoxe en día celébrase reuníndose os asistentes para asa-las castañas e seguidamente comelas e xogar, bailar, contar contos, cantar, etc.
No noso centro o celebramos fora do colexio, ao aire libre, no "Monte O Vixiador". Alí trasladámonos todos, levamos as castañas que trouxeron os alumnos xa picadas e grandes planchas para poñelas sobre o lume. A os máis pequenos lles encanta andar a buscar no chan os paus, follas e ramas necesarias para face-las brasas. Os "profes" son os encargados de asalas e servilas en grandes cucuruchos de papel. E todos os presentes encárganse de comelas ata fartar.
Unha vez rematada a comilona é común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata.
Para que teñades unha pequena mostra da nosa celebración podedes ver o seguinte vídeo:



No hay comentarios: