11. SEMANA DAS LETRAS (Abril 2007)

Como ven sendo habitual no noso centro, no mes de Abril conmemoramos o"DÍA DO LIBRO" durante unha semana enteira, á que denominamos "SEMANA DAS LETRAS".

Todo o colexio, dende Infantil a Secundaria, realiza diferentes actividades relacionadas coas letras:

  • Animacións á lectura dirixidas por diferentes escritores e animadores.
  • Elaboración de diferentes libros, por parte dos alumnos, como por exemplo unha guía turística de Galicia (Primaria), o un libro de repostería (Secundaria).
  • Escenificación dun conto musical, elaborado por alumnos da ESO, e representado a tódolos alumnos do colexio.
No seguinte vídeo podedes ver imáxenes das distintas actividades realizadas esta semana:


Un dos libros editados no colexio, tivo moito éxito, o recetario de postres caseiros elaborado polos alumnos de Secundaria. Esto foi debido a que os nenos fixeron un acto de presentación do libro, consistente nunha degustación deses postres feitos por eles mesmos. Dende Infantil a Secundaria todos pasaron polo comedor a saborealos e a elixir ao mellor emitindo o seu voto, pero houbo un empate: os BRUNIS de Adrián Castro e a TARTA DE PIÑA de Laura Tellado foron os postres máis votados. Fixádevos no seguinte vídeo que boa pinta tiñan todos eles. ¡Bo proveito!

No hay comentarios: