10. O ENTROIDO (Febreiro 2007)



O ENTROIDO en Galicia ten diferentes formas de se celebrar, e polo tanto existen moitas máscaras e traxes diferentes:

  • Os Cigarróns ou Peliqueiros: personaxes que se distinguen polos seus tocados con debuxos de animais ou símbolos astrais. Levan chocas que fan soar cando corren trala xente para zurrarlles cun pequeno látigo de pel que levan na man.
  • As Pantallas levan nas mans vexigas de vaca curadas e infladas que fan moito ruído cando chocan entre sí, e a máscara que levan representa un demo.
  • Os Boteiros levan unha enorme máscara de varios kg de peso, xa que leva por riba da cabeza unha estructura de cartón que se adorna con papeis e fitas de cores formando debuxos multicores.
  • Os Xenerais, que montados nos seus cabalos, e vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas lembrando os uniformes do século XIX, van pola veciñanza ofrecendo coplas e cantos a cambio dunha doazón.

No noso colexio tamén temos moita variedade de máscaras, podedes velas no seguinte vídeo:

No hay comentarios: