39. ESCOLA NA NEVE II (Xaneiro 2011)

Outro ano máis decidimos programar esta excursión a Manzaneda organizada polo Colectivo Galego de Montaña (Cegeeme). Esta vez apuntáronse menos alumnos co ano anterior, pero aún así saímos dous autobuses hacia Cabeza de Manzaneda moi  cedo, disfrutamos na neve (ainda que escasa) todo o día. Pola mañá xogamos e deslizámonos por ela ata que xa non quedaron folgos, e despois de repoñer enerxías cun bo xantar, algúns animáronse a subir no telesférico ata o cume, ¡¡ainda que pasaron moito frío!!. Máis tarde tocou a merenda e volta ao cole ás nove da noite, ¡menudo día!. 
Aquí os deixamos un pequeno vídeo recordatorio da excursión, esperamos que bos guste. Ata a próxima.


video

No hay comentarios: