7. TRADICIÓNS GALEGAS (Maio 2006)

A derradeira celebración do curso 2005-2006 foi a finais de maio, coincidindo co noso festival de fin de curso. Nel os alumnos de 4º ESO fixeron unha representación dos MAIOS, unha celebración tradicional para festexar a chegada da primavera. Esta festa consiste en cantar coplas adicadas á primavera ou críticas e sátiras adicadas a persoas ou institucións do lugar, mentres se baila arredor dunha especie de monumento feito con fiuncho, flores e ovos.

No vídeo podedes ver a figura que utilizaron os nenos para tal fin.

Acompañando ao festival, tamén organizamos unha exposición de obxectos tradicionais antigos traídos polos alumnos e profesores do Centro, recopilamos ferramentas de traballo, roupas, obxectos de tocador, da matanza do porco, da cociña... Botádelles unha ollada no seguinte vídeo:

No hay comentarios: