8. ESCOLAS VIAXEIRAS (Outubro 2006)


Non so se aprende na escola. Viaxar pode ser tamén toda unha experiencia pedagóxica e con ese obxectivo a Consellería de Educación, en virtude dun acordo co Ministerio de Educación, convoca o programa "Escolas Viaxeiras".

Estas cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos de entre 4º e 6º de Ed. Primaria, a posibilidade de realizar múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, dándolles a coñecer distintos puntos da xeografía española, os seus costumes, as súas paisaxes, as súas xentes, a súa historia e os seus recursos. Ademáis, propíciase a convivencia e cooperación entre os alumnos e o profesorado, a o tempo que se crean hábitos positivos na defensa da conservación do medio ambiente e o patrimonio. Estas accións permitirán o desenvolvemento dunha escola non homoxeneizadora, inspirada no respecto á pluralidade lingüística e cultural de España.

Antes de iniciar a viaxe, cada grupo elabora un caderno de traballo na aula, que será utilizado posteriormente durante a estancia na comunidade de destino para recoller tódalas experiencias, xa que alí intégranse para facer as actividades con dous grupos de alumnos doutras comunidades.

Neste curso 2006-07 a aula que participou foi a de 6º Primaria, sendo a súa titora a profesora Mª José García, e o destino foi Córdoba-Sevilla durante unha semana.

Aquí os deixamos o vídeo da nosa experiencia neste programa:

No hay comentarios: