49. O SAMAÍN.....agghhh!!! (Novembro 2011)

Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. 
A noite do 31 de outubro comeza o Aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite, as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. En cambio, as almas malignas debían ser arredadas para o que os celtas introducían candeas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nos cruces de camiños e nos castros.
Os nosos alumnos de 3º ESO decoraron a entrada da escola para lembrar esta data do noso calendario, ¿gústanvos os nosos visitantes?

1 comentario:

Verónica dijo...

pues la verdad es que mi peque se asusta muchooooooooo ,me dice por ahí no que están los monstruos jajajja muy buen trabajo