57. SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (Maio 2012)

Outro ano celebrando o día das Letras Galegas. Esta vez disfrutamos dun montón de actividades, contacontos para os pequerrechos, un mago protagonista dun libro o cal asinou amablemente aos nosos alumnos, unha charla dun tradutor de libros ao galego, varias actividades didácticas propostas polos alumnos de 4º ESO sobre Paz Andrade...

Todas estas actividades dirixidas polo Equipo de Dinamización Lingüística encheron esta semana o noso colexio de cultura galega con moita alegría e humor. Aquí déixovos unha mostra, pero podedes acceder na marxe ao blog do Equipo para ter máis información.

No hay comentarios: