56. IV EDICIÓN DO CERTAME ESCOLAR DE REGUEIFAS (Marzo 2012)

Este ano participamos na IV Edición do Certame Escolar de Regueifas para Centros Educativos vigueses de Secundaria, promovido e patrocinado pola Concellería de Igualdade, Mocidade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
 
Esta participación tivo lugar en dúas fases: na primeira, os alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO traballaron co "Caruncho" e Pinto nuns obradoiros sobre regueifas no colexio, aprendendo o que son, e a técnica para facelas; e na segunda, os mellores regueifeiros medíronse co resto dos outros colexios participantes na fase final que tivo lugar no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares o día 16 de Marzo.

Os alumnos tiveron que pasar tres probas, e a escola que lograra meter máis alumnos na proba final sería a gañadora, neste caso foi o IES de CORUXO.

Presentaron e dirixiron as probas: Pinto d´Herbón e Luis "O Caruncho" da Asociación Oral de Galicia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

En las regueifas paricipe yo.El año que viene ganamos fijo!!!!!