75. V EDICIÓN DO CERTAME ESCOLAR DE REGUEIFAS (Marzo 2013)

As regueifas voltaron ao Bouza Brey das mans dos mellores regueifeiros: Luis Caruncho e Pinto d'Herbón. Promovidos pola Concellería de Normalización Lingüística, a través do Servizo de Normalización e Dinamización lingüística do Concello de Vigo.

Durante dúas sesións traballaron cos alumnos da escola nun obradoiro que ten a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral, pero que responde á necesidade de coñecer a rima, o ritmo, a métrica... a poesía. Unha vez aprenderon a técnica elixiron aos alumnos que mellor se desenvolvían como novatos regueifeiros, e o día 1 de marzo fomos á final do certame que se celebrou un ano máis no CVC de Valadares, xunto con escolares de 9 centros máis da cidade.

Ata alí desprazáronse os nosos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO para animar aos seus compañeiros:
2º ESO:
Lucía Fernández, Adriano Carballo  e Sara Cabaleiro.
3º ESO
Sara Novelle, Sergio Sahuquillo e Iago González
4º ESO
Aroa Rey, Mario Corbal, Adrián Vilas e David González


A FINALISTA  Sara Novelle Castro
Todo un éxito para a nosa escola, porque Sara Novelle quedou finalista. Parabéns a todos eles, e a seguir practicando, que o próximo ano voltaremos a regueifar.


Se queredes ver a reseña na prensa, clicade neste enlace: "La Voz de Galicia" e se o que queredes e ver algúns momentos da final aquí  deixámosvos algunhas fotos: 


O CVC de Valadares encheuse de estudantes

Adriano Carballo Gaspar



Iago González Mouriño e Adrián Vilas Montero
Lucía Fernández Ventoso
Mario Corbal Liste
Aroa Rey Pérez
Sergio Sahuquillo Embade  e  Sara Cabaleiro Martínez


Grupo de participantes e animadores


2 comentarios:

Sergio Sahuquillo dijo...

Las fotos están muy bien pero falta la de grupo, a ver si la ponéis porfa

COLEXIO BOUZA BREY dijo...

Ahí tienes la de grupo Sergio.Te refieres a esa?