Hoxe, 17 de maio de 2014 celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado ao poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.
Na escola, durante a pasada semana, os alumnos traballaron en distintas actividades baseadas no poema PENÉLOPE escrito por este autor.
Estas publicaranse con detalle no blog de Dinamización Lingüística que pronto poderedes consultar.
Mentres tanto deixámosvos dito poema, e algunha foto das actividades programadas:
PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o son mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza.
Xosé Mª Díaz Castro
Alumnos de 4º de Primaria recitando |
Alumnos de 4º de Primaria recitando os seus poemas |
Alumnos de 1º ESO cantando o poema PENÉLOPE |
3 comentarios:
Que bien cantamos el poema los de 1° ESO!!! Me gusto mucho todo.; )
Estubo muy.bien todo. Para los de 1°ESO lo de cantar el poema de penelope fue una experiencia nueva, nos encantó!! :) podeis colgar el video de la "actuación"?? Gracias
O vídeo colgarase no blog de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Tedes un enlace na parte dereita desta páxina. Saúdos.
Publicar un comentario