121. SEMANA DAS CIENCIAS (Novembro 2014)

Aquí está de novo a festa das Ciencias na escola.
Esta semana todos estamos inmersos nun montón de actividades centradas na Ciencia, dende os alumnos de Infantil ata os da ESO.
Este ano é o Ano Internacional da Cristalografía e da Agricultura Familiar














Empezamos comentando a decoración da entrada da escola, que muda o seu aspecto grazas aos pequenos pintores de Ed. Infantil e algúns alumnos de 3º e 4º de ESO.
 
Decoración da entrada da escola
Seguimos cos distintos experimentos que fan todas as clases ao longo da semana, e distintos concursos onde acadar algún agasallo (de fotografía, no ordenador, sopas de letras, adiviñar nomes de animais...).

Concurso para alumnos de 1º, 2º e 3º Primaria















Práctica no laboratorio



















Continuamos coa visita realizada polos alumnos de 1º e 2º da ESO á Feira científica GALICIENCIA en Ourense.  A algúns xa lle entrou o "gusanillo" de seren científicos!!

Proxectos científicos en Galiciencia

















Exposición de proxectos en Galiciencia


















E rematamos coa viaxe realizada polos alumnos de 3º e 4º da ESO ao Centro de Educación Ambiental de Cantabria na localidade de Viérnoles, onde desenvolveron actividades durante cinco días, convivindo cos alumnos doutra escola, o IES Izpisúa Belmonte de Hellín (Albacete).
Bouza Brey e IES Izpisúa Belmonte en Viérnoles



















Ruta en Cantabria



















Non vos perdades o blogue da Semana das Ciencias deste ano, e alí contarannos todo o acontecido durante esta semana no cole. Poñerémosvos o enlace na parte dereita nos "Outros blogs "

No hay comentarios: