329. MERGULLADOS NA CIENCIA (Febreiro 2020)

O día 20 de febreiro os alumnos de 1º e 2º de ESO pasaron unha xornada mergullados no mundo científico, xa que viaxaron ata A Coruña e visitaron os museos MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) e a Casa das Ciencias.

No MUNCYT atoparon:
  • Un popurrí científico-tecnolóxico, dende estraños enseños a un gabinete moi particular cos robots: Pepexán e Marilú.
  • Unha fiestra á historia da ciencia, permitíndolles asomarse ao pasado, recorrendo a evolución dos nosos obxectos cotiás como o teléfono o a TV, e explorando as novedades científicas. 
  • Un Jumbo, no que embarcaron descubrindo as entrañas do Boeing 747. Un avión con moita historia.
Na CASA DAS CIENCIAS experimentaron e descubriron:
  •  Xogando, sentindo, imaxinando, pensando, sorríndo, soñando... experimentaron cos módulos interactivos que espertaron a súa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: Pódese baixar unha costa cara arriba? Como se moven as dunas? Que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?
  •  A exposición Puro Swing que é unha colección de 15 módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Subindo a unha randeeira diferente, comprendendo o segredo do botafumeiro, mirando como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrindo como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
  • Viaxaron polo espazo e o tempo, e aprenderon a mirar o ceo por eles mesmos. Na escuridade do Planetario asomaron as estrelas visibles a primeira ollada, a Lúa e os planetas.
Deixámosvos as fotos dese intenso día:

ÁLBUM DE FOTOS

No hay comentarios: