328.VIAXE NO TEMPO (Febreiro 2020)

Os rapaces e rapazas de 5º viaxamos o día 19 de febreiro no tempo...
Primeiramente percorrimos o Casco Vello onde voltamos a época das invasións piratas e a Idade Media. Tamén estivemos no punto de partida dos nosos emigrantes cara a América e pasamos un rato no parque do Areal para merendar.
Pero non era esta toda a nosa viaxe...dende a Rúa Rosalía baixamos uns 8 metros de escaleiras que nos levaron a 2000 anos atrás no tempo, a época dos romanos. Alí poidemos aprender como era a vida dos romanos na nosa cidade e ver as salinas únicas que temos a sorte de conservar na nosa cidade.




No hay comentarios: