32. SAÍDAS FIN DE CURSO (Maio 2010)

O día 28 de Maio os alumnos de Primaria e Secundaria fixeron a excursión de fin de curso.

Os pequenos visitaron a vila de Tui, pasearon polas súas rúas; visitaron a Catedral recorrendo o seu Románico, Gótico e Barroco, e descubriron o país veciño dende a súa Torre. Repuxeron forzas comendo no Monte Aloia para xogar e brincar ata a hora de voltar. ¡Pasárono moi ben!



E os maiores foron facer sendeirismo ao Morrazo, colleron o barco a Cangas e recorreron a Senda Costeira de Liméns, de aproximadamente 4 km de ida e volta, comezando na fábrica de Massó, e recorrendo unha preciosa paisaxe de costa na ría de Vigo, pasando polas praias de Areamilla e Sta Marta ata chegar a Liméns. Alí recuperaron folgos, comendo e bañándose, ata a hora de volver recorrer o roteiro para voltar a Vigo. ¿Queredes ver algunhas fotos dese día?, aquí as tendes nun pequeno vídeo.

No hay comentarios: