Chega xuño e con el as esperadas excursións de fin de curso, este ano os nen@s de infantil pasaron unha xornada na praia de Cesantes, os de primaria fixeron unha visita cultural á cidade de Pontevedra comendo logo na praia de Arcade, e por último os de secundaria recorreron o roteiro da Costa da Vela rematando o día na praia de Nerga. Unha xornada de convivencia cos seus compañeiros noutro escenario diferente ás aulas.
Deixámosvos un par de vídeos (infantil e secundaria) coas fotos lembrando esa xornada especial.
1 comentario:
Desi Cameselle Fernandes:
Realmente me lo pase muy bien en esa excursion de fin de curso, con todos mis amigos de sexto. Ya estoy deseando repetirla para el año que viene!!!
Publicar un comentario