Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS TRADICIONAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS TRADICIONAIS. Mostrar todas las entradas

319. FESTA DE NADAL (Decembro 2019)


Hoxe, como cada ano, recibimos as SS. MM. os Reis Magos e celebramos a chegada do Nadal cunha festa en cada aula. Pasámolo moi ben, se queredes botar unha pequena ollada deixámosvos un enlace ao ÁLBUM DE FOTOS.

318.FESTIVAL DE NADAL (Decembro 2019)

O venres 13 de decembro celebramos na escola o Festival de Nadal.
Os nenos e nenas de Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria fixeron as delicias de todos, bailando e cantando panxoliñas.
Esperamos que todos os asistentes desfrutaran coas actuacións.




315. MAGOSTO INFANTIL (Novembro 2019)

Novembro é o mes dos magostos, e por iso en infantil compartimos castañas cos pais e nais dos nosos/as alumnos/as.
Esperamos que o vindeiro curso podamos celebrar un magosto mellor pois este ano o tempo non nos daba tregua. Deixámosvos unha fotos da actividade. Un saúdo.

ÁLBUM DE FOTOS

285. CHEGOU O ENTROIDO (Febreiro 2019)

Gran fin de festa para comezar as vacacións de entroido.
Desfiles, merendolas e gran cantidade de disfraces orixiniais. Para que vos fagades unha idea, deixámosvos o enlace para ver as fotos dese día.

Carnival decoration made by students of 1º ESO at the school hall




278. FELICES FIESTAS (Diciembre 2018)

Se acabó el primer trimestre, y para celebrarlo nada mejor que recibir en el colegio a los mágicos Reyes Magos, los cuales recibieron las cartas de todos nuestros pequeños alumnos de Infantil y Primaria, incluso algunos de ESO se acercaron a saludarlos. Con caritas de ilusión recibieron esta visita, y a su término celebraron las múltiples fiestas en cada aula, con música, comida y bebida...
Gran día para todos nuestros alumnos, que así comienzan sus merecidas vacaciones después del esfuerzo de esta primera parte del curso. 
¡¡FELICES VACACIONES Y FELICES FIESTAS A TODOS!!

ÁLBUM DE FOTOS

277. FESTIVAL DE NADAL (Decembro 2018)

Este ano no festival de Nadal os alumnos de 3 anos fixéronnos gozar cun baile disfrazados de Papá e Mamá Noel; os de 4 anos actuaron no papel de árbore de nadal, e co seu baile comprobamos que os seus adornos seguían o ritmo da canción; os alumnos de 5 anos ensináronnos as súas dotes de baile con bastón; e como acto final os alumnos de 1º e 2º de Primaria deleitáronnos coa clásica panxoliña en inglés "OH HOLY NIGHT".
Deixámosvos os vídeos das actuacións. 
Grandes bailarines e cantantes entre os nosos pequerrechos!!
ÁLBUME DE VÍDEOS


273. CHEGOU O DÍA DO MAGOSTO (Novembro 2018)

Este ano tivemos que aplazar o día da celebración do magosto na escola, e hoxe acompañounos un gran día soleado para disfrutar no monte Vixiador dese froito tan típico desta época, a nosa castaña. Deixámosvos algunhas imaxes que resumen o noso día.

ÁLBUME DE FOTOS

245. ENTROIDO (Febreiro 2018)

Hoxe 9 de febreiro, na nosa escola apareceron unha morea de seres misteriosos, monstros, vampiros, bailaríns, médicos, personaxes de películas, policías.... Chegou o entroido cheo de cor e diversión...
 Aquí veredes o catálogo de visitantes no noso álbume de fotos:

O disfraz máis elaborado da ESO

Os nosos peques preparados para unha emerxencia

ÁLBUME DE FOTOS


243. FESTA DE NADAL (Decembro 2017)

¡¡Que día tan máxico vivimos hoxe no Bouza Brey!!  Visitáronnos as SSMM os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar; falaron con todos aqueles nenos e nenas que quixeron levarlles as súas cartas cos seus desexos para este nadal.
E tamén se celebrou en cada unha das clases de toda a escola a tradicional Festa de Nadal, con música, baile, e moita bebida e comida, un bo xeito de comezar as vacacións.

FELICES FESTAS A TOD@S



242. FESTIVAL DE NAVIDAD (Diciembre 2017)

El pasado viernes 15 de diciembre nuestros alumnos de Ed. Infantil, y primer ciclo de Primaria han celebrado el Festival de Navidad. Han bailado y cantado villancicos, haciendo disfrutar a mayores y pequeños. En el siguiente enlace tenéis una muestra de ese día:



238. MAGOSTO NA ESCOLA (Novembro 2017)

¡¡BENVIDO OUTONO!!

Xa chega a época do frío e de empezar a comer cousiñas tan ricas como o noso caldo de grelos, as castañas ou as chulas...
Pois na nosa escola empezamos cunha boa enchenta de castañas facendo un magosto no parque do Vixiador.
Tradición galega que non queremos perder, xa que segundo os nosos avós as castañas simbolizan a alma dos difuntos, e por cada froito ventilado no Magosto, un alma líbrase do Purgatorio. ¡Menuda responsabilidade!. Pois a comer castañas todo o mundo.

216. ENTROIDO (Febreiro 2017)

Outro ano máis a nosa escola encheuse de disfraces, máscaras, personaxes máxicos... Chegou o entroido, e todos os alumnos dende os máis pequenos ata os maiores, incluídos os nosos mestres, disfrutamos dunha xornada festiva con desfiles, festas e bailes por todas as aulas da escola.
Deixámosvos un enlace para ver as fotos dese día: 


E tamén un vídeo coas fotos dos máis pequerrechos, que vestidos cos seus disfraces de semáforos fixeron un desfile por toda a escola, ensinándonos a todos o seu traballo.
 
ENTROIDO from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

205. FELICES FESTAS (Decembro 2016)

Entrada da escola adornada polos alumn@s de 1º ESO


Nestes derradeiros días antes das vacacións de nadal a nosa escola énchese de actividades propias destas datas: intercambio de agasallos dos amigos invisibles, a visita dos nosos particulares apalpadores (alumnos de 4º ESO), os concursos de postais (aquí veredes as gañadoras do concurso feito polo cole), exposición dos adornos feitos polos alumnos e alumnas (fixádevos na foto da árbore navideña), a visita dos reis magos, as festas e merendolas cos compañeiros...
Moitas emocións, sobre todo para os máis pequenos.
Esperamos que pasedes un BO NADAL e volveremos con máis eventos o ano vindeiro.

Postal gañadora de 3 anos: IAGO COSTAS DOMÍNGUEZ

Postal gañadora de 4 anos: NOA MIGUÉLEZ DE VICENTE

Postal gañadora de 5 anos: MATEO FERNÁNDEZ LÓPEZ

Postal gañadora do 1º ciclo de primaria: HUGO DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ

Postal gañadora do 2º ciclo de primaria: LUCÍA VILLAR VÁZQUEZ

Postal gañadora do 3º ciclo de primaria: ANTÍA PINAL PENA
Adornos feitos polos alumnos da esola
Árbore adornada polos nenos e nenas

Os apalpadores que visitaron aos alumnos de primaria

Apalpador en Ed.Infantil

201. MAGOSTO (Novembro 2016)

Outro ano máis os alumnos de primaria e secundaria celebramos o magosto tradicional da nosa escola. Desplazámonos ao monte Vixiador e alí os profes Enrique, Luís, Roberto e Susana asaron unha chea de castañas que despois comemos todos os demáis con moito apetito.
Deixámosvos as fotos de recordo desa mañá tan divertida.

ENLACE PARA VER AS FOTOS 

199. CONVIVENCIA DA COMUNIDADE ESCOLAR NO MONTE VIXIADOR (Outubro 2016)

Un ano máis chega o outono, e na nosa escola celebramos  o magosto acompañados de todos aqueles que lles guste compartir unha mañá con nós. Antes de comer as castañas fixemos un pouco de exercicio participando nos xogos que nos propuxeron os profes de educación física, e cando xa tiñamos o apetito ben aberto comemos as castañas que asaron Alberto e Carlos coa axuda dalgunhas profes.
Unha mañá perfecta, ainda que este ano o tempo non axudou moito.

Mellores clasificadas nos tres ciclos de primaria

156. SAMAÍN (Outubro 2015)

Entrada da escola. Decoración feita polos alumnos de 3º ESO




 Chegou o Samaín á escola, e podemos dicir que con moita forza. O noso concurso de cabazas cada vez ten máis éxito, e as cabazas que presentan os nosos alumnos son moi elaboradas. Algunhas dan verdadeiro medo. Aquí deixámosvos as fotos delas para que o comprovedes por vos mesmos.
ENLACE PARA VER FOTOS DAS CABAZAS DO CONCURSO

155. GINCANA E MAGOSTO FAMILIAR (Outubro 2015)

Volve o outono á escola, é tempo de castañas e magostos. Este ano estreamos o novo curso cunha actividade ao aire libre, xincana familiar, e ao remate, magosto; castañas quentiñas feitas polos nosos cociñeiros: Carlos, Paz, Flori e Alberto.
Demos conta dun bo saco delas, sobre todo os participantes da xincana que necesitaban repoñer as enerxías gastadas.
Os campións das probas foron os seguintes participantes:
Primeiro Ciclo
1º Posto: Asier Rodríguez
2º Posto: Cloe Iglesias
3º Posto: Xiana Fernández
Segundo Ciclo:
1º Posto: Xulia González
2º Posto: Tatiana Iglesias
3º Posto: Sasha Alonso
Terceiro Ciclo
 1º Posto: Lucía Castro
2º Posto: Iria Fernández
3º Posto: Aldara Balboa

Deixámosvos uns enlaces para ver as fotos das probas de Primaria e entrega de medallas, fotos do magosto e fotos das probas de Infantil así como un vídeo do xogo de globos en Infantil moi divertido.
Podium Primeiro Ciclo de Primaria
Podium Segundo Ciclo de Primaria
Podium Terceiro Ciclo de Primaria
ENLACE PARA VER FOTOS DA XINCANA DE PRIMARIA 
ENLACE DO VIDEO DO XOGO DE GLOBOS
ENLACE DAS FOTOS DA XINCANA INFANTIL 
ENLACE DAS FOTOS DO MAGOSTO

129. ENTROIDO NA ESCOLA (Febreiro 2015)


Outro ano máis trouleando na escola, o entroido xa chegou, e todos os alumnos veñen disfrazados, nas aulas todo é colorido, bailes, comilonas, desfiles... en fin, o entroido instalouse no Bouza Brey. 
Queremos compartir con todos algúns deses momentos nos vídeos que aparecen debaixo, un de Ed. Infantil, outro de Primaria e o último de Secundaria. ¡¡ A disfrutar!!