Mostrando entradas con la etiqueta FIN DE CURSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FIN DE CURSO. Mostrar todas las entradas

338. GRADUACIÓN DE SECUNDARIA (Setembro 2020)

O pasado venres 4 de setembro, celebramos nos xardíns do pazo Quiñones de León, en Castrelos, a graduación dos nosos alumnos/as de 4º de ESO. Unha graduación moi especial xa que por mor da situación que estamos a vivir, non puido ser celebrada como todos os anos na nosa escola, e ademáis con moito retraso nas súas data. 

Pero ainda con todo iso en contra, os profesores do colexio puidemos despedir como se merecen aos nosos alumnos/as e a dous compoñentes das súas familias.

Esperamos que a nova etapa que se abre agora sexa tan feliz coma a que deixades atrás. Moita sorte, e voltade cando queirades, sempre seredes ben recibidos. 

Deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica dese día.

ÁLBUM DE FOTOS 

VÍDEO 



306. ¡¡¡VACACIÓNS!!! (Xuño 2019)

Acabáronse as clases, e comezan as tan ansiadas vacacións, e para elo nada mellor que apuntarse ao noso campamento en Gomesende (Ourense).
Os nenos e nenas que asisten gozarán de distintas actividades en Cerceda (Aquapark) e nas áreas recreativas de Monterrei e O Inqueau; todas elas ao aire libre, en contacto coa natureza.


FELICES VACACIÓNS...VÉMONOS EN SETEMBRO








305. GRADUACIÓNS NO BOUZA BREY (Xuño 2019)

Ao rematar xuño, ademáis de celebrar que se acabaron as clases, os alumnos que rematan unha etapa tamén celebran a súa graduación. Os escolares de 5 anos, de 6º de Primaria, e os de 4º ESO que abandonan a escola para comezar unha nova etapa fora das nosas mans.
Norabos a todos eles, e moita sorte aos que saen do colexio, no novo destino das súas vidas.
¡¡SEMPRE LEMBRARÉMONOS DE VOS!!

304. EXCURSIÓNS FIN DE CURSO (Xuño 2019)

Para rematar ben o curso toda a escola gozou dun día distinto, a excursión de final de curso tan desexada por todos.
  •  Os alumnos/as de Ed. Infantil subiron ao monte Vixiador onde compartiron unha xornada de xogos e comida cos seus pais/nais e as súas profesoras Mari, Mili e Sefi.    
  • Os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria fixeron un pecorrido no tren turístico que une as cidades de Tui e Valença.
  • O resto dos alumnos/as de Primaria visitaron o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las en Ourense, e repuxeron forzas en Leiro á beira do río Avia.
  • Os alumnos/as de ESO viaxaron ata á Illa de Ons, na que desfrutaron dun roteiro pola illa, relaxándose a continuación na praia.                 

266. CAMPAMENTO EN GOMESENDE (Xuño 2018)

Finais de xuño e chega o noso campamento. O primeiro día o pasaron no Aquapark de Cerceda (A Coruña), e o resto dos días en Gomesende (Ourense), totalmente en contacto coa natureza, pernoctando nunha casa rural da aldea. Tamén están planificadas actividades lúdicas no río, andaina nocturna... Deixámosvos unhas fotos do primeiro día:







265. GRADUACIONES 17-18 (Junio 2018)

Se acabó el curso, y cuando esto ocurre, celebramos al fnal de cada etapa educativa un pequeño homenaje a nuestros alumnos. Los peques de infantil se despiden de sus profes Mili, Sefi y Mari, ya que dejan su zona infantil para pasar al cole de los mayores, pues llega primaria. Los de 6º de primaria se despiden de sus cursos básicos para comenzar la última etapa del colegio, la ESO. Y por último la más emotiva de todas, ya que despedimos a nuestros alumnos de 4º ESO que después de 13 años conviviendo con ellos, un trocito de nosotros también se va... OS DESEAMOS LO MEJOR EN VUESTRA NUEVA ETAPA EDUCATIVA Y PERSONAL.

ÁLBUM DE FOTOS INFANTIL
ÁLBUM DE FOTOS PRIMARIA

GRADUACIÓN SECUNDARIA

259. VIAJE DE FIN DE CURSO (Mayo 2018)

Durante el mes de mayo nuestros alumnos de 3º y 4º de ESO realizaron su viaje de fin de estudios:
Visitaron Barcelona, Tarragona y el parque de atracciones PORTAVENTURA. Una semana llena de buenas sensaciones y disfrutando de vivencias que no volverán a tener.


231. CAMPAMENTO BOUZA BREY (Xuño 2017)

Finais de xuño e chega o noso campamento. O primeiro día o pasaron no Aquapark de Cerceda (A Coruña), e o resto dos días en Gomesende (Ourense), totalmente en contacto coa natureza, pernoctando nunha casa rural da aldea. Tamén están planificadas actividades lúdicas na área recreativa Monterrei, e o Inqueau. Aínda que este ano o tempo non está a acompañalos. Pero a eles non lles importa. Ollade, ollade:










230. GRADUACIONES (Junio 2017)

El curso se cierra con las graduaciones de nuestros alumnos.
Los peques de Infantil se despiden de sus profesoras Mari, Mili y Sefi que durante 3 cursos les han acogido con mucho cariño en su primera etapa escolar. 


Los alumnos de Primaria se despiden de su etapa escolar más larga. Para ello prepararon una deliciosa obra de teatro en la que padres y profesores disfrutaron muchísimo. ¡¡Gran trabajo chicos!!


Y por último nuestros chicos y chicas de ESO que se despiden de todos los profesores del colegio. Grandes momentos de emotividad hemos vivido tanto alumnos, profesores como padres en este acto. Desde el centro les deseamos que a todos les vaya muy bien en sus nuevas etapas.



Queremos además felicitar a nuestros dos alumnos de 4º ESO que han recibido la mención de MATRÍCULA DE HONOR por su brillante expediente en la etapa de ESO:      
Malena Iglesias Allica y Mario Cebreiro Sánchez.


229. EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 3º A 6º DE PRIMARIA (Xuño 2017)

A excursión de fin de curso dos últimos cursos de primaria transcurriu pola Península do Morrazo, alí visitaron o Museo Massó, a horta ecolóxica Agrelo e pasearon polo Cabo Udra.
Viviron o día a plena natureza explorando distintas opcións, tanto pesca como campo.
Deixámosvos un enlace para ver o álbum de fotos dese día.









225. DÍA DA FAMILIA (Maio 2017)

O pasado 16 de maio celebramos na nosa escola o DÍA DA FAMILIA, no que os alumnos e alumnas do centro agasallaron ás súas familias con distintas actuacións, e a ANPA organizou un fin de festa sensacional con atraccións para todos.
Deixámosvos un par de enlaces para que tamén poidades disfrutar cos nosos alumnos todos aqueles que non puidestes vir ese día, ou para os que queirades recordalo.


197. CAMPAMENTO BOUZA BREY (Xuño 2016)


Como inicio das tan desexadas vacacións de verán os nosos alumnos están a disfrutar do campamento de fin de curso. Parques acuáticos con piscinas e ríos, andainas, e diversión en plena natureza...
Felices vacacións a todos e ata setembro.