Mostrando entradas con la etiqueta PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRIMARIA. Mostrar todas las entradas

337. V EDICIÓN DO FARO DA ESCOLA (Xuño 2020)

O pasado xoves 18 de xuño, no parque Quiñones de León tivo lugar a entrega dun cadro conmemorativo pola participación do colexio na V edición do Faro da Escola.
A alumna Laura García Martínez de 6º acudiu ao acto en representación das súas compañeiras e compañeiros acompañada pola súa titora e a directora do colexio.

336. DÍA DA FAMILIA (Mayo 2020)




¡Hola familia Bouza Brey.!

Hoy es el día de la familia y, como todos los años, vamos a celebrar el festival. 
Este año lo celebraremos, pero desde casa. Los niños de segundo y sus padres hemos hecho una actuación “on line“, esperamos que os guste, lo hemos hecho con mucho cariño y pasamos unos ratos divertidos.

Un abrazo, de la familia que formamos la clase de segundo.

333. OBRADOIRO CON ANXO FARIÑA (Marzo 2020)

Os alumnos de 5º de Primaria recibiron a visita de Anxo Fariña que en colaboración con Faro da Escola realizou unha interesantísima actividade.
Os nosos rapaces e rapazas aprenderon a debuxar personaxes de ilustración utilizando letras para dar forma aos caracteres físicos dos bonecos, e desta forma elaborar os seus debuxos. Por exemplo cun"c" e un "o" poideron debuxar moitos tipos de ollos. Seguindo as pautas de Anxo Fariña crearon os seus propios personaxes. Tratábase duns alieníxenas invasores que chegaban a Vigo Cidade Violeta. Estes invasores enfrontábanse as persoas intolerantes que non saben que os homes e mulleres somos iguais e que todos temos os mesmos dereitos e pertencemos a un mesmo planeta.
Estes traballos foron elaborados con témperas de cores fosforitos que podían iluminarse na escuridade. E por iso cando apagamos todas as luces os debuxos brillaban na escuridade e unha onda de sorpresa partíu de todos!

ÁLBUM DE FOTOS

331. DESCUBRINDO A LUZ (Febreiro 2020)

Os rapaces de 5º ev 6º de Primaria recibiron o pasado 28 de febreiro a visita de Lucía Sánchez Ruiloba, unha investigadora do CSIC, que realizou a actividade de divulgación científica "A microscopía e luz". O noso Centro participou nesta actividade proposta polo Faro da Escola con moito interese e espectación, pois aos rapaces de 5º e 6º parecíalles que esta actividade tiña que ser algo diferente pois iba a haber lanternas e lupas e luces de distintas cores.
E foi así... Estiveron moi atentos as explicacións da investigadora e o máis divertido foi poder comprobar por eles mismos a maxia da luz e as sús cores, ver e investigar si todas as luces son iguais e mirar polas lentes binoculares como verdadeiros científicos.


328.VIAXE NO TEMPO (Febreiro 2020)

Os rapaces e rapazas de 5º viaxamos o día 19 de febreiro no tempo...
Primeiramente percorrimos o Casco Vello onde voltamos a época das invasións piratas e a Idade Media. Tamén estivemos no punto de partida dos nosos emigrantes cara a América e pasamos un rato no parque do Areal para merendar.
Pero non era esta toda a nosa viaxe...dende a Rúa Rosalía baixamos uns 8 metros de escaleiras que nos levaron a 2000 anos atrás no tempo, a época dos romanos. Alí poidemos aprender como era a vida dos romanos na nosa cidade e ver as salinas únicas que temos a sorte de conservar na nosa cidade.




325. MEDITACIÓN EN LA ESCUELA (Febrero 2010)

Los niños reciben mensajes auditivos y visuales durante todo el día, móviles, ordenadores, televisión... y el silencio les aterra. Pero también es importante saber parar y escucharse a uno mismo, meditar y relajarse unos minutos al día.
Nuestros alumnos de 1º de primaria lo están aprendiendo en clase. ¡Intentad hacerlo también en casa!






323. ¡¡VIAXEIROS AO TREN!! (Xaneiro 2020)

Todos os alumnos da nosa escola subíronse onte ao "Tren da Paz". Os seus vagóns van cheos de mensaxes, que nos gustaría que se cumprisen. E a súa locomotora espalla co seu fume máis desexos pacíficos. Esperamos que todos vos subades tamén ao noso tren.

 
 
 






 

321. ALIMÉNTATE BEN (Xaneiro 2020)

Nesta semana e na próxima, a nosa escola participará no programa ALIMÉNTATE BEN (FROITA ESCOLAR), promovido pola Xunta de Galicia. No que se fomenta o consumo de froita nos alumnos, dende Infantil a Secundaria. Nestas semanas repartirase froita fresca e variada nos recreos. Bo proveito!!
Enlace para máis información
ÁLBUM DE FOTOS 

319. FESTA DE NADAL (Decembro 2019)


Hoxe, como cada ano, recibimos as SS. MM. os Reis Magos e celebramos a chegada do Nadal cunha festa en cada aula. Pasámolo moi ben, se queredes botar unha pequena ollada deixámosvos un enlace ao ÁLBUM DE FOTOS.

318.FESTIVAL DE NADAL (Decembro 2019)

O venres 13 de decembro celebramos na escola o Festival de Nadal.
Os nenos e nenas de Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria fixeron as delicias de todos, bailando e cantando panxoliñas.
Esperamos que todos os asistentes desfrutaran coas actuacións.




314. SEMANA DAS CIENCIAS (Novembro 2019)

Durante esta semana celebramos a Semana das Ciencias na escola. Todos os alumnos participan en obradoiros, charlas, experimentos no laboratorio..., é dicir, unha semana traballando coa ciencia e coa temática deste ano sobre a RECICLAXE. Nesta ocasión os nenos/as aprenderán a REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. Algo que nos faltaba na escola, e a partires de agora intentaremos facer adecuadamente. 
Pronto teredes a entrada correspondente no blog Ciencias Bouza Brey, estade atentos.

Decoración feita por alumnas de 3º ESO

311. OLIMPÍADAS BOUZA BREY (Outubro 2019)

Semana deportiva na nosa escola, os alumnos de Ed.Primaria e Secundaria celebraron as súas pequenas olimpíadas, con moitas probas diferentes, dende lanzamentos a minimaratóns. Deixámosvos as imaxes do desenvolvemento das probas e os podios dos campións. 
 

310. OS PERIGOS EN INTERNET (Outubro 2019)


 
O día 18-10-2019 os alumnos de 5º e 6º de Primaria tivemos unha charla da policía sobre "Os perigos en internet".
Aínda que todos cremos saber todo de internet a realidade é que ao xogar a xogos que non son das nosas idades, ao ter contas en redes sociais, ao dar os nosos datos ou facer fotografías e publicalas, non somos conscientes de que esas fotos poden pasar dunhas persoas a outras, e que os xogos que non se corresponden coa nosa idade danan o noso cerebro e a nosa saúde. Ademais, sempre pode haber ciberdelicuentes que nos estean espiando e podemos correr moito perigo...
Debemos ser responsables e, para evitar danarnos, os móbiles e as tablets e os xogos deben estar controlados polos nosos pais. Ademais, ás horas de durmir, todos estes aparellos electrónicos deben estar fóra das nosas habitacións  para poder durmir tranquilos e o número de horas que todos os rapaces precisamos para crecer con saúde. O papel dos nosos pais é moi importante.
En conclusión: aprendimos moito con esta charla da policía e agora sabemos que debemos cambiar o noso comportamento en internet.










308. I TORNEO DE XADREZ BOUZA BREY (Setembro 2019)

O pasado 18 de setembro tivo lugar na nosa escola unha actividade moi interesante de xogo-ciencia en colaboración co XADREZ GALEGO, participando nela todos os alumnos de Primaria e Secundaria.
Os alumnos que xa sabían xogar ao xadrez competiron no I Trofeo de Xadrez Bouza Brey, e os que non sabían tomaron contacto co xadrez da man de varios monitores que lles axudaron.

Esta é a clasificación final do torneo:

1º Ashenafi Zorrilla Lamas
2º David Rodríguez Álvarez
3º  Xulia González Iglesias
4º  Yago Antonio Rodríguez
5º  Sabela González Iglesias
6º  Jorge Hernández Soto
7º  Alejandro Embade Collazo
8º  Luca Fernández Rodríguez
9º  Lucas Chouza Álvarez
10º Marcos Iglesias Allica
11º Antía Fernández Bastos
12º Adrián Vieitez Marquez
13º Uxía Sotelo Neira
14º Aitor Embade Costas
15º Pablo Rivas Campelo
16º Mateo Fernández López
17º Mateo Conde Andújar
18º Pablo Fernández Valverde
19º Cesar Piñeiro Gómez
20º Hanna Alonso Gallego

ÁLBUM DE FOTOS

307. BENVIDOS AO NOVO CURSO (Setembro 2019)

Neste comenzo de curso puxemos en marcha o proxecto "irmán maior" no que participan os alumnos de 6º e 1º de primaria.

O obxectivo principal do programa é que os alumnos de 6º acompañen, apoien e presten a súa axuda tanto na resolución de conflitos como nas preocupacións dos seus compañeiros de 1º de primaria, para que a incorporación á escola e o cambio de etapa educativa lles resulte máis doado.
Aquí aparecen os protagonistas: 





 

306. ¡¡¡VACACIÓNS!!! (Xuño 2019)

Acabáronse as clases, e comezan as tan ansiadas vacacións, e para elo nada mellor que apuntarse ao noso campamento en Gomesende (Ourense).
Os nenos e nenas que asisten gozarán de distintas actividades en Cerceda (Aquapark) e nas áreas recreativas de Monterrei e O Inqueau; todas elas ao aire libre, en contacto coa natureza.


FELICES VACACIÓNS...VÉMONOS EN SETEMBRO








305. GRADUACIÓNS NO BOUZA BREY (Xuño 2019)

Ao rematar xuño, ademáis de celebrar que se acabaron as clases, os alumnos que rematan unha etapa tamén celebran a súa graduación. Os escolares de 5 anos, de 6º de Primaria, e os de 4º ESO que abandonan a escola para comezar unha nova etapa fora das nosas mans.
Norabos a todos eles, e moita sorte aos que saen do colexio, no novo destino das súas vidas.
¡¡SEMPRE LEMBRARÉMONOS DE VOS!!