En sexto, na clase de Ciencias Naturais, estamos estudando a respiración así que construímos uns pulmóns artificiais. Para isto usamos unha botella de plástico grande que facía a función de caixa torácica, dúas palliñas que actuaban como bronquios e tres globos que eran os pulmóns e o diafragma. Foi unha actividade moi divertida que nos axudou a comprender como funcionan os pulmóns e a labor que realiza o diafragma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario