317. MENCÍA JORGE CABALEIRO GAÑADORA DO 1º CERTAME LITERARIO OS TESOUROS DO MAR (Decembro 2019)

O xoves 5 de decembro recibimos unha visita do Presidente de FUNDAMAR, fundación para a pesca e o marisqueo. Entre os obxectivos desta fundación están o desenvolvemento sustentable da ría de Vigo e a protección do medio ambiente. Estivo no noso colexio para entregar un premio á nosa alumna de 2º ESO Mencía Jorge Cabaleiro, que resultou gañadora deste certame baseado na historia de Nemo e os tesouros da ría de Vigo.

Mencía posúe un gran talento literario que foi eloxiado polo presidente da Fundación e que corroboramos todos os profesores que a coñecemos. Foi unha xornada moi emotiva na que contamos coa presencia da súa nai e irmá (que tamén foi alumna do noso colexio).

Dende o Bouza Brey queremos darlle a noraboa e dicirlle que é un orgullo para nós poder estar  presentes na entrega do premio: un cheque-regalo para mercar libros. Ademais vai ter a oportunidade de participar na ilustración e publicación do seu relato a través da Fundación e da Deputación de Pontevedra.
 
Xa vos iremos contando máis novas deste acontecemento, pero agora deixámosvos as fotos deste día. Aquí tedes tamén o enlace ao vídeo que se fixo do primeiro relato do capitán Nemo:  VÍDEO


FOTOS
E non é a primeira vez que Mencía gaña un premio literario, ollade neste enlace: bouza-brey-stars

No hay comentarios: