333. OBRADOIRO CON ANXO FARIÑA (Marzo 2020)

Os alumnos de 5º de Primaria recibiron a visita de Anxo Fariña que en colaboración con Faro da Escola realizou unha interesantísima actividade.
Os nosos rapaces e rapazas aprenderon a debuxar personaxes de ilustración utilizando letras para dar forma aos caracteres físicos dos bonecos, e desta forma elaborar os seus debuxos. Por exemplo cun"c" e un "o" poideron debuxar moitos tipos de ollos. Seguindo as pautas de Anxo Fariña crearon os seus propios personaxes. Tratábase duns alieníxenas invasores que chegaban a Vigo Cidade Violeta. Estes invasores enfrontábanse as persoas intolerantes que non saben que os homes e mulleres somos iguais e que todos temos os mesmos dereitos e pertencemos a un mesmo planeta.
Estes traballos foron elaborados con témperas de cores fosforitos que podían iluminarse na escuridade. E por iso cando apagamos todas as luces os debuxos brillaban na escuridade e unha onda de sorpresa partíu de todos!

ÁLBUM DE FOTOS

332. APRENDER JUGANDO (Febreiro 2020)

Durante estos meses, ha estado con nosotros Andrea, una alumna de Magisterio en prácticas. Todos hemos disfrutado de su compañía y sus juegos. Las fotos que os dejamos, son la prueba de la variedad de materiales que ha traído para realizar un aprendizaje a través de los juegos.

ÁLBUM DE FOTOS


331. DESCUBRINDO A LUZ (Febreiro 2020)

Os rapaces de 5º ev 6º de Primaria recibiron o pasado 28 de febreiro a visita de Lucía Sánchez Ruiloba, unha investigadora do CSIC, que realizou a actividade de divulgación científica "A microscopía e luz". O noso Centro participou nesta actividade proposta polo Faro da Escola con moito interese e espectación, pois aos rapaces de 5º e 6º parecíalles que esta actividade tiña que ser algo diferente pois iba a haber lanternas e lupas e luces de distintas cores.
E foi así... Estiveron moi atentos as explicacións da investigadora e o máis divertido foi poder comprobar por eles mismos a maxia da luz e as sús cores, ver e investigar si todas as luces son iguais e mirar polas lentes binoculares como verdadeiros científicos.


329. MERGULLADOS NA CIENCIA (Febreiro 2020)

O día 20 de febreiro os alumnos de 1º e 2º de ESO pasaron unha xornada mergullados no mundo científico, xa que viaxaron ata A Coruña e visitaron os museos MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) e a Casa das Ciencias.

No MUNCYT atoparon:
  • Un popurrí científico-tecnolóxico, dende estraños enseños a un gabinete moi particular cos robots: Pepexán e Marilú.
  • Unha fiestra á historia da ciencia, permitíndolles asomarse ao pasado, recorrendo a evolución dos nosos obxectos cotiás como o teléfono o a TV, e explorando as novedades científicas. 
  • Un Jumbo, no que embarcaron descubrindo as entrañas do Boeing 747. Un avión con moita historia.
Na CASA DAS CIENCIAS experimentaron e descubriron:
  •  Xogando, sentindo, imaxinando, pensando, sorríndo, soñando... experimentaron cos módulos interactivos que espertaron a súa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: Pódese baixar unha costa cara arriba? Como se moven as dunas? Que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?
  •  A exposición Puro Swing que é unha colección de 15 módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Subindo a unha randeeira diferente, comprendendo o segredo do botafumeiro, mirando como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrindo como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
  • Viaxaron polo espazo e o tempo, e aprenderon a mirar o ceo por eles mesmos. Na escuridade do Planetario asomaron as estrelas visibles a primeira ollada, a Lúa e os planetas.
Deixámosvos as fotos dese intenso día:

ÁLBUM DE FOTOS