333. OBRADOIRO CON ANXO FARIÑA (Marzo 2020)

Os alumnos de 5º de Primaria recibiron a visita de Anxo Fariña que en colaboración con Faro da Escola realizou unha interesantísima actividade.
Os nosos rapaces e rapazas aprenderon a debuxar personaxes de ilustración utilizando letras para dar forma aos caracteres físicos dos bonecos, e desta forma elaborar os seus debuxos. Por exemplo cun"c" e un "o" poideron debuxar moitos tipos de ollos. Seguindo as pautas de Anxo Fariña crearon os seus propios personaxes. Tratábase duns alieníxenas invasores que chegaban a Vigo Cidade Violeta. Estes invasores enfrontábanse as persoas intolerantes que non saben que os homes e mulleres somos iguais e que todos temos os mesmos dereitos e pertencemos a un mesmo planeta.
Estes traballos foron elaborados con témperas de cores fosforitos que podían iluminarse na escuridade. E por iso cando apagamos todas as luces os debuxos brillaban na escuridade e unha onda de sorpresa partíu de todos!

ÁLBUM DE FOTOS

No hay comentarios: