16. CLASES SEN FUME (Xuño 2008)

Neste curso os alumnos de 2º ESO participaron no concurso "CLASES SEN FUME", é un concurso de prevención do tabaquismo dirixido aos escolares do primeiro ciclo da ESO. Aquí os presento aos protagonistas:



Clases sen fume enmárcase na Rede Europea de Mozos e Mozas sen Tabaco. Participan 21 países europeos e varias comunidades autónomas de España.

A súa efectividade para previr o inicio do tabaquismo está avaliada por numerosos estudos.

Este concurso baséase no compromiso colectivo de toda a clase e un docente, de manterse sen fumar durante 6 meses consecutivos ao longo do curso escolar. Utilizando o
PREMIO-RECOMPENSA como estímulo. Reforzando o caracter voluntario da decisión de non fumar, o compromiso de grupo, a confianza en sí mesmos e nos outros e a responsabilidade individual e colectiva.

No transcurso do concurso refórzase positivamente de maneira regular a decisión de non fumar, e promóvense a realización de actividades encamiñadas á prevención do tabaquismo:


  • Crear un SLOGAN, acompañado dunha representación gráfica, orixinal e positivo sobre a prevención do tabaquismo, preferiblemente dirixido a convencer a mocidade para non comezar a fumar. Os nosos alumnos guiados pola súa profesora de Plástica, Esther Bouzas, presentaron o seguinte cartel:

  • Traballar UNIDADES DIDÁCTICAS ao longo do curso co material didáctico da guía: "Experiencia de educar para a saúde na escola. Programa de prevención do consumo de drogas". Plan de Galicia sobre Drogas.
  • Deseñar unha ACTIVIDADE CREATIVA, orixinal, dirixida á prevención do tabaquismo. O noso grupo de 2º ESO, axudados polo seu profesor de Música: Carlos Graña, e a súa titora: Mª Begoña Sánchez presentaron a seguinte actividade:

Con esta actividade o noso grupo foi galardoado cun dos premios que se podían gañar, consistente nunha estadía dun día completo no AQUAPARK de Cerceda. ¡PASÁMOLO XENIAL!




























Se queredes máis información sobre este concurso podedes buscala nas seguintes páxinas:


dxsp.sergas.es
www.edu.xunta.es/valora
www.help-eu.com

No hay comentarios: