21. CLASES SEN FUME (Maio 2009)

O noso colexio foi un dos centros educativos galegos galardoados cun dos premios do proxecto "Clases sen fume 2008-2009", organizado dende a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, entre os escolares. A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e o director xeral de Educación, Xosé Luís Miras, foron os encargados de entregar aos alumnos de 1ºESO o Premio Especial do concurso polo seu traballo: un Programa multiaventura en Gandarío de 5 días de duración. O seu traballo consistíu na elaboración dunha película de animación con personaxes de plastilina para contar a historia de Xurxo, un mozo que sempre chora porque está rodeado de fume.

"Clases sen fume é un concurso de prevención do tabaquismo dirixido aos escolares de 1º e 2º de ESO, as súas bases xa volas dimos a coñecer na entrada nº 16 deste blog (08/xuño/08).

O título da película é "O enigma de Xurxo", foi elaborada polos alumnos de 1º ESO coa axuda dos seus profesores: Carlos (Música), Esther (Plástica) e Begoña (Titora). Realizárona con monecos de plastilina, recreando diferentes ambientes mediante ricos decorados.

Narra a historia dun mozo chamado Xurxo que sempre está a chorar: coa súa familia é feliz, pero chora; no parque cos seus amigos divírtese, pero chora; sae "de marcha" cos seus compañeiros, pero segue a chorar; ¿por qué?. A historia non está carente de mensaxe, Xurxo chora porque sempre está rodeado de fume, o fume da xente fumadora que o acompaña inevitablemente vaia onde vaia. A mensaxe deste traballo é moi clara e contundente: NON FUMES. NON FAGAS CHORAR AOS TEUS AMIGOS.

Aqui tendes aos protagonistas do evento, un vídeo da entrega de premios e por suposto a película. Esperamos que a disfrutedes.










No hay comentarios: