35. CAMPAMENTO DE INFANTIL E PRIMARIA (Xuño 2010)

A finais de xuño disfrutamos do Campamento de fin de curso. O primeiro día estivemos no Aquapark de Cerceda, e durante os restantes días estivemos en Gomesende (Ourense), totalmente en contacto coa natureza e pernoctando nunha casa rural.

Entre as actividades planificadas estiveron un obradoiro de observación astronómica, xogos ao aire libre, sendeirismo, e desfrutamos das áreas recreativas e praias fluviais de Inquiau e a da Veronza.

Os nosos principais obxectivos neste tipo de saídas son os de potenciar valores coma o interese polas tradicións propias da nosa cultura, o respeto polo medio ambiente, o compañeirismo, a convivencia..., aspectos de grande importancia para a educación e a formación dos nenos.


No hay comentarios: