44. SENDEIRISMO EN MOAÑA (Xuño 2011)

Este ano, a nosa última saída cos alumnos de ESO foi á RUTA DOS MUIÑOS en Moaña (Zona P-2), cun recorrido de 5 Km e unha duración aproximada de 2 horas.
O comezo foi no Mirador de A Fraga, e dende aí baixamos á beira do río, atopámonos con salgueiros e acacias e gran variedade de fentos o que fixo o camiño moi fermoso e agradable; edificacións en ruínas que no seu momento foron os tradicionais muíños comunitarios ou privados; tamén dous muíños restaurados, un pertencente ao Patronato Municipal (Aula didáctica), e outro privado; e por último fomos espectadores da moenda nun muíño que aínda está en funcionamento. Acabamos a nosa camiñata cunha comida na praia da Xunqueira, e un bo baño para quitarnos as calores do camiño. 

Como recordo, deixámosvos un vídeo feito polo noso Dj particular, DJ'Sonny

No hay comentarios: