70. O APALPADOR (Decembro 2012)


Chegou o día da celebración do apalpador na nosa escola, o día 18 de decembro

Lémbrovos que esta é unha figura recuperada das terras do Courel, trátase dun vello leñador que o 31 de decembro baixa das montañas á vila e visita a todos aqueles nenos apalpándolles a barriguiña para saber se comen ben e déixalles castañas e algunha cousa feita a man por el mesmo.

A nosa celebración consistiu en participar no xogo do amigo invisible, pero coa condición de que os agasallos foran feitos por nós mesmos.  ¡E menudos agasallos fixeron os nenos!, lapiseiros, pulseiras, colgantes, móviles, marcos de fotos, cubos máxicos..... ninguén quedou sen o seu agasallo feito a man. Tamén paseou pola escola o noso apalpador particular. Unha boa maneira de escomenzar as celebracións de fin de trimestre.

No hay comentarios: