¿Sabedes o que é un
quitaventos, un pinganillo ou un croma? ¿en que consiste o traballo dun
realizador ou dun produtor? ¿como se fai un informativo ou un anuncio de
radio?..., os alumnos e alumnas de sexto de primaria aprendémolo durante a visita que
realizamos ás instalacións da Cadena Ser
e Localia o 20 de febreiro.
A visita foi moi
práctica, durante unhas horas fomos: presentadores dun informativo diante das
cámaras, creativos publicitarios e locutores do noso propio anuncio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario