O pasado día 13 de xaneiro, os alumnos de 5º de
Primaria, tivemos con nós a Policía que nos explicou os riscos que
corremos os rapaces en Internet cando participamos nas redes sociais
sen supervisión dos adultos e cando facemos uso dun móvil propio
con aplicacións que non son adecuadas á nosa idade.
Explicáronos situacións que poñen “os pelos de punta”. Quedounos moi claro que cando nos
metemos en Internet ou cando mercamos xogos debemos seguir as normas
que rexen as idades para os que están permitidos porque corremos
verdadeiros perigos!!!
Tamén, o xoves 22, recibimos a visita da Policía Local para explicarnos como debemos comportarnos como peóns.
Explicáronos as catro normas fundamentais para seren un bo peón
e atravesar ben as rúas. Despois, dous policías e dous profes,
acompañáronos ata o paso de peóns da rúa Cantabria e alí explicáronnos como debemos atravesar ben e como calcular a que
distancia están os coches de nós para facelo sen perigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario