Os alumnos de 6ºde Primaria
tivemos unha saída a Localia e a Cadea Ser o día 4 de febreiro.
Foi moi divertido”poñernos nas
ondas”...
Poidemos vivir a experiencia de
entrar nun estudo de Radio e traballar nel... Cantos botóns de todas
cores (vermello, negro,branco...)!
Entre todos fixemos un anuncio do
noso cole que logo gravamos. Agora entrendemos como se traballa na
radio, xa sabemos porque as paredes están forradas e os micros teñen
unhas esponxas de protección por riba (os quitaventos). Tamén
sabemos que non se pode falar en calquera momento e como funcionan os
anuncios e que se escoita nas diferentes cadeas.
Logo pasamos a tv, Localia, e
alí había tamén moitos botóns, cámaras, mandos... O que máis
nos impresionou foi como se traballa co croma. Todo verde! Ese verde fai posible poñer todo tipo de imaxes ainda que non estean alí, pero
parece que si están. Así podes ter un león no plató ou si fai
falla un castelo.
Aquí fixemos de presentadores de tv e
estivemos informando das noticias (lémolas aínda que parecía que as sabíamos de memoria).
Que ben o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario