Serías quen de inchar un globo sen
soprar? En sexto lográmolo con bicarbonato e vinagre. É moi doado,
só tes que botar nunha botella baleira un pouco de vinagre e unha
culleradiña de bicarbonato dentro do globo; suxeita a boca do globo
á da botella para que se xunten os dous elementos e verás como o
globo comeza a inchar. Sabes por que sucede isto? Pois porque o
vinagre e o bicarbonato ao xuntarse, forman unha reacción química
que produce un gas chamado dióxido de carbono que é o que incha o
globo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario