De onde procede o peixe que
comemos? Os rapaces e rapazas de sexto de primaria fixémonos esta pregunta na clase de
Ciencias Sociais e, para pescudalo, decidimos acudir ao mercado do Calvario.
Alí descubrimos que hai unha enorme variedade de peixes e mariscos que chegan á
nosa cidade procedentes doutras localidades galegas: Cambados, Moaña, Bueu,
Burela,...; pero, tamén, dos máis diversos lugares: India, Noruega, Canadá,
Mauritania, Marrocos, Gran Sol,... ah!,
e que incluso algúns, son cultivados en piscifactorías.
Grupo de 6º de Primaria acompañados por unha antiga alumna da nosa escola, Anaís Rodríguez. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario