Esta semana, na clase de Plástica en 6º de primaria tivemos unha mestra moi especial, a nosa compañeira Antía. A ela gústanlle moito as manualidades e dánselle moi ben; así que, a mestra propúxolle que fose ela quen nos ensinase a facer unha das bonitas flores de papel que fai e ela aceptou. Foi moi boa mestra e tivo moita paciencia con nós que estivemos todo o tempo pedíndolle axuda. Ao final, todos conseguimos facer a nosa flor. Quedaron moi chulas!
st
No hay comentarios:
Publicar un comentario