219. EMPORIUM, MIL ANOS DE COMERCIO EN VIGO (Abril 2017)

Hoxe fixemos unha visita moi interesante a unha exposición no Verbum. Vimos as relacións comerciais de Vigo dende a Prehistoria ata a chegada dos árabes. 
 Observamos obxectos arqueolóxicos, entre os que destacaban: ánforas, moedas, cipos, machadas, xoias... e diferentes mercadorías, todo axudado por varias fotografías nas que descubrimos as salgaduras que ían dende A Laxe ata Guixar, ou a importancia da fundición de metais.
Por último os alumnos aprenderon os principios básicos da arqueoloxía, é dicir, a excavar en cuadrícula con pinceis e pas. 



No hay comentarios: